ReCiclos Propolis

From Bike Collectives Wiki
Revision as of 08:19, 27 June 2011 by Monchovazquez (talk | contribs) (Created page with "Fonte: http://velosofia.wordpress.com/ File:http://velosofia.files.wordpress.com/2011/04/dscf4787.jpg?w=300&h=225reCiclos é un ciclotaller autoxestionado; un taller de reci...")
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

Fonte: http://velosofia.wordpress.com/

File:Http://velosofia.files.wordpress.com/2011/04/dscf4787.jpg?w=300&h=225reCiclos é un ciclotaller autoxestionado; un taller de reciclaxe e reparación de bicicletas non comercial e xestionado de maneira independente e comunitaria. Un proxecto enmarcado no movemento Masa Crítica da Coruña co que, desde decembro do 2008, procuramos principalmente democratizar i extender o uso da bici.

Horario e localización.

Abrimos cada luns de 18:00 a 21:00h no souto do Fórum Propolis; no número 115 da r/Barcelona (peta na porta cando a reixa estea baixa), e cada primeiro mércores de mes, en idéntico horario, celebramos unha xornada de limpeza e coidado xeral do local.

Como podo participar?

File:Http://velosofia.files.wordpress.com/2011/04/dscf4784.jpg?w=225&h=300A participación é aberta e calquera persoa pode propoñer novas formas de cooperación. Agora mesmo estamos a traballar así:

_Se queres unha bicicleta pásate polo taller a ver o material do que dispoñemos; pode que atopes unha da túa talla prácticamente lista para rodar, que teñas que ensamblar unha con pezas de varias bicis, recambios, etc ou que, desafortunadamente, teñas que agardar a que consigamos o material que precisas. Dispoñemos de toda a ferramenta necesaria e, na medida en que o precises, terás os nosos consellos e axuda.

_Igualmente, se só precisas facer algunha reparación na túa bici podes botar man da ferramenta do taller, dos repostos cos que contemos e da nosa colaboración.

_Se estás interesadx en implicarte máis no proxecto, melloralo, aprender e/ou compartir os teus coñecementos con outras persoas… adiante!

_O material do que dispoñemos provén da reciclaxe de bicis e pezas que atopamos no lixo e das xenerosas doazóns de moitas persoas e dos comercios locais de bicicletas. Pode que reCiclos sexa unha opción excelente para desfacerte dalgún trasto.

_Non terás que pagar nada por ningún servizo, peza nin bicicleta completa. Tan só existe un pequeno bote colectivo ao que cada quen aporta o que pode e quere; en todo caso, nunca por enriba de 5€/persoa.

Algunhas normas básicas.

File:Http://velosofia.files.wordpress.com/2011/04/dscf4645.jpg?w=300&h=225reCiclos susténtase na solidariedade e responsabilidade de cada unha das persoas que fan uso do taller. Doutro xeito sería imposible modelizar un proxecto así. As seguintes son unhas normas bastante importantes:

_Unha vez empregadas, as ferramentas deben deixarse recollidas. Se non sabes moi ben ónde deixalas, é algo que podes preguntar. Ídem cos repostos que desbotes ou gardes dunha semana para outra; prácticamente todo está disposto cunha orde e iso axuda moito ao desfrute persoal e colectivo do taller.

_En reCiclos a escoba e o recolledor son ferramentas tan importantes coma calquera outra.

_reCiclos é un proxecto horizontal e inclusivo, as actitudes discriminatorias (machismo, racismo, menosprezo das persoas maiores, homofobia, etc.) van contra isto e reforzan valores dominantes no ámbito cultural da mobilidade, que este proxecto aspira a transformar.

Un punto de encontro. Un lugar do posible.

File:Http://velosofia.files.wordpress.com/2011/04/dscf4825.jpg?w=300&h=225Alén da reciclaxe e reparación, reCiclos é un lugar no que sempre emerxen e proliferan sociabilidades alternativas. As relacións e o tecido humano que o teñen convertido nunha referencia para todo tipo de prácticas comunitarias en torno á bicicleta e alén dela; activismos variados, saberes compartidos sobre cómo moverse en bicicleta pola Coruña, cultura DiY (faino ti mesmx), organización de rutas con alforxas, deportes/culturas emerxentes como o bici-polo, horticultura ecolóxica, etc.

Ademais, o Fórum Propolis −onde nos aloxamos− ten unha traxectoria de máis dunha década funcionando, baixo diferentes formas, como espazo para a autoorganización social no barrio da Agra do Orzán (o de máis alta densidade poboacional do noso país, que acolle unha miríade de migracións).

Contacto:

porpropolis[arroba]gmail[punto]com